O xoves 25 de Maio os alumnos de 1º de Bacharelato A e B fixeron unha saida á Ribeira Sacra. Acompañados dun guia, visitamos tres lugares emblematicos, os mosteiros de San Pedro de Rocas, Santa María de Montederramo e Santa Cristina de Ribas de Sil, e as súas contornas, disfrutando xuntos dunha fermosa xornada chea de cultura e natureza.
O 25 de Maio, Hugo e Rodrigo, representaron ao IES Universidade Laboral na fase autonómica da Olimpíada de matemáticas despois de clasificarse na fase de zona. Competiron con 38 mozos e mozas máis por unha das tres plazas para a fase nacional, pero non puido ser... sen embargo valoramos moito que dous rapaces da Laboral se clasificaran para representar á zona de Ourense na Olimpiada Galega.
Mentres eles resolvían problemas, os seus compañeiros aproveitaron para coñecer algo da cidade de Lugo. Diploma, algún agasallo e un gran recordo do ben que o pasaron, eles e os acompañantes que os foron animar...
O alumnado de 2º de ESO da optativa de Sustentabilidade e Paisaxe, logo do gran traballo realizado na horta escolar, tivo unha merecida viaxe educativa e visitaron as Fragas do Eume.
Camiñar pola natureza en primavera foi camiñar pola vida. Arbores, reptiles, anfibios, insectos e flores que nunca viramos. Todos os que fomos seguimos en contacto con aquelas árbores, e tamén con Mª José que de novo estivo con nòs nas "Clases de Bosque". Animádevos e sumerxídevos na Natureza!
Deixámosvos unha ampla reportaxe fotográfica.
O pasado 16 de maio o alumnado de FP Básica (1º A/B e 2º), 1º Carrocería e 1º Electromecánica (A/B) foron de excursión a provincia da Coruña. Visitaron as empresas Nasauto Detail, especialistas na estética integral do vehículo e TMSR Motorbike Service, especialistas en competición (rodadas, escola de pilotos...) e mantemento de motocicletas.
Agradecer os seus responsables, Juan e Luís, e os seus equipos a “master class” impartida os nosos alumnos.
Co fin de promocionar o ámbito da creación artística, os Departamentos de Música, Lingua Galega e Lingua Castelá convocan o presente concurso, que se regula por estas bases:
PRIMEIRA. Participantes e obxecto da convocatoria
Poderán participar compositores que o desexen de ESO e Bacharelato que sexan autores da música e da letra dunha canción inédita. A canción será asinada de modo individual ou a cargo dun dúo, sen prexuízo de que na súa gravación ou creación interveñan máis persoas como colaboradores instrumentistas,vocalistas, coristas etc. Os premios, por tanto, concédense a quen asina a canción (unha ou dúas persoas como máximo). O xurado pode requirir en privado aos asinantes nun momento dado a reprodución en directo da súa obra.
SEGUNDA. Obras e a súa presentación
Cada candidato ou candidatos presentará, no prazo sinalado máis abaixo, un máximo de dúas cancións orixinais e inéditas. Para iso, deberá enviarse un arquivo de audio coa canción, e un arquivo de texto en PDF coa letra ao seguinte correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . O arquivo de audio deberá comezar co título da canción e este deberá coincidir co do arquivo de texto. A organización articulará o modo de valorar as cancións preservando o anonimato dos seus creadores e comprométese a borrar todos os audios e a non conservar ningunha copia deles unha vez concluído o concurso.
Esta semana fomos de ruta de montaña polas Fragas do Eume. Aqui tedes unha pequena reportaxe da nosa Aula da Natureza co alumnado de 1º da ESO da materia de "Proxecto Competencial".
Grazas á nosa guía Mª José, pasamos toda a xornada "ruteando" polo bosque, carballos, bidueiros, farolillos, valerianas... E tendo a oportunidade de empregar algunha delas, como o embligo de Venus para unha vendaxe, xa que de tanto andar poden doer os pés. Tamén vimos tritóns, babosas negras de tamaños considerables, e lagartixas de cores moi rechamantes. Visitamos ademais o Mosteiro de Caaveiro.
Comida da casa, e como non, un baño nas fervenzas, case xélidas, para quenes así o quixeiron. Ruta aventureira, o bosque é un gran mestre.
A principios do mes de maio, o alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato da optativa de Francés asistiu á obra de teatro en francés “Le tour du monde de Nelly Bly” (“A volta ó mundo de Nelly Bly”) no Auditorio de Ourense.
Ó tempo que se familiarizaban coa famosa obra de Julio Verne “A volta ó mundo en 80 días”, tamén descubrion a figura desta periodista e aventureira americana de finais do século XIX que, durante a súa propia viaxe, seguiu os pasos das persoaxes ficticias do célebre autor francés.