Get Adobe Flash player

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do denominado Punto Laranxa en cada un dos centros de ensino. Trátase dun espazo físico onde calquera persoa poderá denunciar unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

No centro contamos co Punto Laranxa ao carón da sala de mediación. Este punto consta dunha caixa onde calquera persoa pode depositar información relativa a unha posible situación de acoso ou ciberacoso escolar. Tamén se pode enviar email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ademais, constituíuse o denominado Equipo ACAE (Actuación Contra o Acoso Escolar), un equipo docente encargado de levar adiante as medidas establecidas no devandito protocolo con relación á detección e á intervención ante posibles casos de acoso e ciberacoso escolar. Este equipo está formado por:

  • A dirección do centro: Francisco Javier González Álvarez
  • Xefatura do departamento de orientación: Carlos Malvar Rodríguez
  • A coordinadora de benestar e convivencia do IES: Natalia Casas Ferreño
  • Un/unha docente nomeado/a pola dirección do centro para cada caso en función do alumnado implicado, que será a persoa instrutora do procedemento corrector, de ser necesario.

¿Que materias non se van impartir?

Móbiles prohibidos

Actividades Extraescolares

Promoción e titulación

Na ESO:

 

 

No Bacharelato:

 

FP Oferta Educativa

Centro residencial docente

TokApp School

Contador de visitas

4285838
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
3215
1660
14668
4161550
37251
68706
4285838

A túa IP: 34.239.158.223
Data e hora: 2024-05-18 12:46:59

¿Quen está en liña?

Temos 59 anónimos e ningún membro en liña