A Universidade Laboral conta coa ferramenta abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
Pódese acceder mediante un ordenador na seguinte dirección:Portal de entrada ao sistema
As familias que descarguen abalarMóbil, entre outras, van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
- Acceder aos datos persoais dos seus fillos/as
- Consultar as cualificacións
- Consultar e recibir información das faltas de asistencia dos seus fillos/as de maneira instantánea
- Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
- Recibir notificacións de incidencias do alumnado na aula
Obter en GOOGLE PLAY | Obter en APP STORE |
![]() |
![]() |