Para despedir o ano os departamentos de Matemáticas, Historia, Francés, Inglés, Plastica, etc, tiveron uns días de intensa actividade traballando con materiais nobles, reciclados, decorando moitas zonas do IES para dar un ambiente navideño.
O mércores 15 de decembro, alumnado de bacharelato do noso centro asistiu á exposición fotográfica "Tierra de sueños" na Alameda de Ourense. Unha xornada moi productiva para achegar tanto a realidade da India como o poder da fotografía.
Acabamos de crear unha ferramenta que permitirá a toda a comunidade educativa consultar os exames/recuperacións/probas, creados polos delegados e subdelegados de cada grupo. Polo momento estará a proba no curso de estudantado da aula virtual (tema exames).
Só os delegados/as poderán crear/modificar eventos de calendario para o seu curso e grupo.
O resto do alumnado só poderá ver os eventos creados para o curso e grupo ao que pertence. Se algún alumno/a observa que non está anotado algún exame/traballo programado, ou que hai algún erro nos anotados, debe informar ao delegado/a ou subdelegado/a para que anote ou modifique o evento correspondente
O servizo de comedor escolar é prestado pola mesma empresa que atende ao Centro Residencial Docente. É dicir compartimos espazo.
Os residentes teñen o almorzo, xantar, merenda e cea tódolos días; e o alumnado do IES só fan o xantar do luns, pero o menú é o mesmo.
Os luns o alumnado do IES come de 13:10 a 13:50, e os residentes van chegando a partir das 14:00 horas.
Para informarse das características do servizo e dos menús (fixarse só na comida do luns), deixámosvos o enlace á súa páxina:
Para o alumnado de Paisaxe as clases do pasado xoves día 2 de decembro trascorreron no pobo de Aceredo, a localidade que emerxeu das augas. Silencio absoluto ó baixar cara as casas, que se rompeu con preguntas e explicacións. Que lles pasou ós seus habitantes?
Vimos a fonte da que segue a sair auga, os restos das viñas, e tamén soubemos que tiñan laranxas dunha variedade exclusiva; imaxinamos como deixarían atrás todo. Como foi que chegou a auga que o inundou? Que é a enerxia hidráulica, que cambia paisaxes, que cambia vidas? Regresamos contentos e cheos de barro, porque ás veces, as clases son así.
Para concursar presentarase un poema ou conto de ficción de tema libre relacionado coas matemáticas (por exemplo, baseado nun resultado matemático, un personaxe relacionado con esta ciencia, unha situación onde afloren as matemáticas...), en lingua castelá ou lingua galega.
Poden presentarse a este concurso alumnas e alumnos de Secundaria e Bacharelato que estudan no IES Universidade Laboral. Consideraranse as seguientes categorías: Categoría A: Estudantes de 1º, 2º de ESO. Categoría B: Estudantes de 3º, 4º de ESO e FP Básica. Categoría C: 1º, 2º de Bacharelato
Por fin!!!. Aproveitando o gran espazo verde de que dispón a Universidade Laboral, puidemos celebrar o tradicional magosto ao aire libre. Bolos preñados, castañas, bica e a tradicional fogata. O pasado venres 12 de novembro puidemos pechar o recinto á circulación de vehículos durante unha hora para poder celebrar dous anos despois o tan esperado magosto.
Nestes momentos de moita incertidume sobre os prezos e os mercados das fontes de enerxía que consumimos, o 7 de novembro o alumnado de 4º ESO e 2° FP Básica asistiron a unha interesante charla sobre a factura da luz.
O alumnado do bacharelato de ciencias asistiu o día 4 de novembro a unha interesantísima charla de física sobre optica.
Estes dias podemos visitar a exposición realizada polo alumnado de Educación Plástica e Paisaxe e Sustentabilidade de 1º da ESO. Caligrafía das alumnas de Artes. Cabazas de diferentes tipos, castañas, e pequenos semilleiros vivos. Unha mañá de traballo e de agradecemento á terra. Nunca imaxinamos que puidera existir tal variedade de cabazas.Galería fotográfica da exposición.
Xa podedes descargar o calendario escolar para este curso. Recordade que o luns 11 e martes 12 de outubro non son días lectivos e polo tanto non haberá clases
As MEDIDAS A TOMAR EN CASO DE INFECCIÓN RESPIRATORIA seguen a ser as mesmas que que se recomendan habitualmente:
- LAVAR AS MANS FRECUENTEMENTE con auga e xabón (non necesariamente solucións alcohólicas).
- Ó TOSER OU ESBIRRAR TAPAR A BOCA E O NARIZ cun pano desbotable ou coa flexura do cóbado (non coa man). Ademais, evitar frotar nariz, boca e ollos.
- NON MANTER CONTACTO FÍSICO ESTREITO INNECESARIO (non dar a man nin bicos).
- No caso de febre e/ou malestar xeral importante non acudir ao Instituto, senon descansar no domicilio e inxerir abundante auga. Poñerse en contacto co médico/a e esperar instruccións del.
Para acceder ás aulas do IES por calquera das tres entradas habilitadas é obrigatorio lavar as mans con xabón. O frotado debe durar un mínimo de 20 segundos. Isto é o máis importante.