Durante este mes de marzo o noso alumnado da Aula da Natureza visitou o parque eólico de Sotavento, en Lugo. As clases de 1º e 2º da ESO fixeron prácticas con pequenas placas solares, entraron nun aeroxenerador, e reflexionaron sobre a sustentabilidade.
Como podemos levar unha vida respectuosa co entorno? Pois estes mozos e mozas xa saben un pouco máis para poder facelo!
Compartimos con vós as casetas de paxaros que xa comezaromos a preparar e instalar co noso alumnado de 1º da ESO da Aula da Natureza e Proxecto Competencial.
Aquí os tedes elixindo a mellor orientación para que saian adiante os futuros paxariños e poidamos velos voar.
Moi bo traballo rapaces/as.
Na Universidade Laboral preparámonos xa para a chegada da primavera. Dende a Aula da Natureza o alumnado de 1º e 2º da ESO ordenaron e prepararon todas as ferramentas e sementes que recolleron meses atrás.
E xa comezaron a preparar a terra. Aprendizaxe cos pes sobre o terreo, esforzo que significa algo.
O luns 27 de febreiro o noso alumnado de 2º de Bacharelato, da optativa de Psicoloxia, recibiu unha valiosa charla con actividades prácticas. Con Alejandra, psicóloga e colaboradora de "Echa el freno", aprenderon como se cultiva a motivación, a resiliencia, e que temos, non unha, senón oito intelixencias!
A exercitalas entón!
Os medios de comunicación deron conta dunha das actividades que se veñen desenvolvendo na Universidade Laboral desde hai moitos anos, o teatro dos maiores. Profesorado e persoal non docente xa xubilado, nais, pais e alumnado que xa remataron os seus estudos e seguen ligados ao noso IES a través do teatro.
Ángeles Álvarez, profesora xubilada é a directora deste grupo tan especial, e a persoa que os mantén unidos.
Ensaian no salón de actos do IES polas tardes e representan tamén nel, pero veñen de facelo no Teatro Principal, e o ano pasado tamén representaron en Verín, Celanova e O Carballiño.
O pasado xoves 9 de febreiro o noso alumnado do Ciclo Superior de Automoción e dos segundos cursos dos Ciclos Medios de Carrozaría e Electromecánica acudiron ao "II Foro Talento e Emprego" celebrado no auditorio Mar de Vigo.
Alí tiveron ocasión de escoitar os relatorios de catro emprendedoras cunha longa traxectoria laboral e de coñecer de primeira man a traxectoria dun gran piloto da Fórmula 1 e actual embaixador de Ferrari como é Marc Gené.
Esperamos que os motivase para emprender unha longa carreira profesional chea de éxitos ao remate dos seus estudos no noso centro.
Para celebrar o día 11 de Febreiro, día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, o alumnado de 2º ESO A, 2º ESO B e 3º ESO A realizaron uns traballos sobre as mulleres que acadaron un premio Nobel nalgunha das disciplinas científicas, Física, Química ou Medicina. Desde o ano 1901 que comezaron a entregarse nestas tres disciplinas concedéronse uns 640 en total, e deles, soamente 24 foron para mulleres. Podedes ver os traballos no hall da entrada.
Pola súa parte o alumnado de 3º ESO B creou uns Podcast para darnos a coñecer a 10 das mulleres máis importantes no mundo das matemáticas e da astronomía.
Gran traballo rapaces/as
O venres 11 de febreiro, o día da muller e a nena na ciencia, os alumnos de 4º de ESO estiveron na exposición "Experimenta en feminino". Visionaron distintas experiencias que chamaron moito a súa atención, e puideron tamén participar en moitas actividades.