O día 25 de abril o alumnado de 1° Bacharelato de artes visitou as salas de exposición da cidade.
Familiarizándose coa vida cultural de primeira man, xa que contaron coa guía dos galeristas.
O IES Universidade Laboral leva case 20 anos recibindo alumnado xordo e hipoacúsico, por iso a lingua de signos leva presente no noso centro desde hai décadas.
Este curso participamos no "VI Concurso Cantamos con las Manos", promovido pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. O venres 21 de abril tivemos a presentación oficial do vídeo "Quéreme ben" no salón de actos e quedámonos sen palabras para cualificar o traballo realizado por todos: impresionante, emotivo, moi fermoso...
Veredes moitas caras coñecidas nel signando a canción e mensaxes cheas de sentimento: alumnado de ESO, moito profesorado e persoal non docente (conserxes, limpadoras, persoal de cafetería e ata algún provedor). Todos quixeron colaborar...
Tamén hai que agradecer especialmente ao alumnado de artes que se ofreceu para formar parte da produción do mesmo.
Finalmente non gañamos o concurso, pero iso non era o importante, senón o camiño recorrido para chegar ata aquí. Grazas a todos/as os que credes que a inclusión é a mellor maneira de construír un mundo máis humano e soportable.
"O camiño percorrido para chegar ata aquí é unha parte importante da nosa historia, pero o máis importante é o que fagamos a partir de agora." - J.K. Rowling