O 8 de xuño celebrouse unha xornada de moita actividade na nosa horta, cada vez máis grande e abundante. O alumnado de primeiro de ESO de Paisaxe colocou guías para as plantas feitas coas nosas canas, proteximos as cabazas con pinas recollidas aquí no outono, sementamos máis.
E tamén houbo tempo para fabricar espantallos artesanalmente, recoller algunhas leitugas e demais, e preparar uns petiscos sans e compartir. Aprendendo a cultivar, coidar o que nos nutre.
Últimos traballos na horta escolar no mes de xuño. Temos plantadas: verduras, leitugas, espinacas, patacas, nabicol, allos, xudías, pementos, tomates...perexil....
Tamén se colocaron as estacas para os tomates, as berenxenase os pementos..... por suposto non nos esquecemos das cabazas para ter colleita propia no Samaín.
O xoves, día 23 de xuño tivo lugar o Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia no Multiusos Fontes do Sar de Santiago.
Nese acto estiveron 4 estudantes de segundo de bacharelato da Universidade Laboral:
- Rocío Blanco Garrido (Bacharelato de Ciencias)
- Sara Mojón Gómez (Bacharelato de Ciencias)
- Mar Valiño Ramos (Bacharelato de Artes)
- Daniel Vázquez González (Bacharelato de Ciencias)
Este recoñecemento concédese a todos aqueles alumnos/as que obtiveron unha cualificación de nove puntos ou máis na parte xeral das probas de acceso á universidade
Para a Universidade Laboral foi un orgullo contar cun número tan elevado de alumnado de excelencia, tendo en conta ademais que outros alumnos/as quedaron a escasas décimas de ser tamén agraciados. ¡Felicidades rapaces/as!
O 13, 14 e 15 de xuño, alumnado de Bacharelato e ciclos formativos realizaron unha viaxe a Madrid e Segovia. Visitaron entre outros os lugares característicos de Madrid, a exposición de Goya no Museo do Prado, o Palacio e os xardíns da Granja de San Ildefonso, o acueducto de Segovia, a súa catedral e o Alcazar. Deixamos unha galería de fotos destes momentos inesquecibles.
Acaban de publicar os resultados das ABAU. Na universidade Laboral volvemos a ter un 100% de aprobados.
Estes son os nosos datos:
- 31 alumnos/as presentados e 31 aprobados/as
- 8 dos alumnos/as pasan dos 12 puntos
- 1 alumna con 13,64 puntos
Noraboa a todos/as