O seguro escolar pode dar dereito a:
- Unha prestación sanitaria en caso de accidente escolar
- Unha prestación económica en determinados casos. Máis información
Quén debe aboar a cota do Seguro Escolar?
- Todo o alumnado menor de 28 anos que se matricule en 3º ou 4º de ESO, Bacharelato, Formación Profesional ou FP Básica.
Cándo hai que aboar a cota do Seguro Escolar?
- No momento de formalizar a matrícula
Cánto hai que aboar?
- 1,12 €
Protocolo de actuación en caso de accidente escolar
Alumnado de 1º ou 2º de ESO
Sen cobertura polo Seguro Escolar
Comunicar o feito ao/á profesor/a, ao xefe de estudos e na secretaría.
O feito poráse en coñecemento dos pais.
No caso de que fose preciso, avisaranse aos servizos de urxencias 112.
Un/unha profesor/a (preferiblemente dos/as que estean de garda) acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais.
-
O alumnado con prestación da Seguridade Social, recibirá asistencia sanitaria no Centro de Saúde da Cuña ou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). No caso de que os pais dean chegado a tempo poden eles levalo ao seu centro de saúde habitual.
-
O alumnado con seguro privado, recibirá asistencia no centro que lle corresponda.
A prestación será cuberta coa tarxeta sanitaria do/a alumno/a.
O alumnado con prestación da Seguridade Social, cando reciban no seu domicilio o Modelo de Prefacturación, deberano entregar na secretaría do IES para a súa posterior tramitación.
Alumnado de 3º ou 4º de ESO, Bacharelato, Formación Profesional ou FPB (menores de 28 anos)
Con cobertura polo Seguro Escolar
Comunicar o feito ao/á profesor/a, ao xefe de estudos e na secretaría.
O feito porase en coñecemento dos pais ou familiares.
No caso de que fose preciso, avisarase ao servizo de urxencias 112.
Un/unha profesor/a (preferiblemente dos/as que estean de garda) acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais ou familiares.
- A sistencia sanitaria recibirase no Centro de Saúde da Cuña ou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Tamén se poderá acudir ao Centro Médico El Carmen.
Unha vez recibida a asistencia sanitaria, deberán achegar á secretaría do IES o parte de asistencia médica.
A prestación será cuberta polo Seguro Escolar.
No caso de recibir no seu domicilio a comunicación de Prefacturación, deberano entregar na secretaría do IES para a súa posterior tramitación.
Para calquera outro accidente que non tivese lugar no centro ou realizando actividades promovidas polo mesmo, non será necesario realizar todos estes trámites, polo que, simplemente, deberían acudir a un centro sanitario coa súa correspondente
O Departamento de Xeografía e Historia xunto co alumnado de 2º ESO está nestes días a realizar unha magnífica exposición sobre a historia e evolución da cidade de Ourense.
Componse de oito paneis nos que se vai explicando o emprazamento e orixe da cidade así como o seu trazado morfolóxico. Así mesmo, nuns paneis detállanse algúns dos seus monumentos e edificios emblemáticos (Catedral, Concello, Liceo, Teatro Principal, a Torre, a Universidade Labora...etc); noutro a historia das pontes (Ponte Vella, Ponte Nova e Ponte do Milenio); noutro as prazas e xardíns (Posío, Praza do Ferro, Praza Maior, Parque de San Lázaro...); noutro o nome das rúas que levan o nome de escritores e escritoras galegos e ourensás; e finalmente, se fan comparativas de fotos antigas de Ourense co seu aspecto actual.
Todos os paneis xiran arredor dos planos da cidade pois en cada un deles vaise localizando cada punto que se quixo resaltar. Chama a atención na exposición as láminas de gran formato que elaborou o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes de diferentes lugares da cidade.
Complementa todo isto unha maqueta de relevo da cidade para coñecer o seu emprazamento, e outras pequenas maquetas de plastilina elaboradas polo alumnado de 2º ESO, onde se se observa a estrutura das cidades así como os diferentes planos urbanos.
Convidámosvos a visitar esta estupenda exposición guiada nos recreos polo alumnado de 2º, que se atopa na entrada do IES.
O xoves 31 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º de ESO, e 1º de bacharelato que cursan a materia de francés, puideron desfrutar dunha saída cultural ao teatro para ver a representación da obra "O enfermo imaxinario". Iso si, en versión orixinal.
A actividade foi organizada dende o Concello de Ourense.
A nosa alumna de bacharelato e "Youtubeira" Eira Losada, que o ano pasado gañara o concurso "Youtubeir@s" (Enlace á noticia), e tamén o "Reto lector" da Editorial Galaxia (Enlace á noticia); explícanos nunha gala celebrada na Sala Capitol de Santiago de Compostela como se converteu nun verdadeiro "Motor da lingua".
Un exemplo para todos/as nós.
A consellería de educación ven de convocar as probas para acceder aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior. Enlace á convocatoria.
Os Prazos de presentación de solicitudes son os seguintes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos
Para conmemorar o "Día internacional da discapacidade", os alumnos de 2º de ESO e 2º de Formación profesional básica acudiron o martes 4 de decembro, ao Centro municipal de artes escénicas, para asistir á representación teatral "O inspector" do grupo "Muxicas teatro", no que os actores son persoas invidentes.
Ao final da representación os nosos alumnos puideron manter unha charla con todos os actores, para preguntarlles diversos aspectos do seu traballo.
Os alumnos de 2º de bacharelato marchan dous días a Madrid, nunha viaxe que vai quedar institucionalizada para os vindeiros anos.
Pretendemos que sexa unha viaxe cultural con oferta formativa para os tres bacharelatos.
- O xoves 13 de decembro chegarán a Alcobendas para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Tamén terán tempo de asistir a unha representación teatral preto do barrio de Chueca onde estarán aloxados.
- O venres 14 un grupo visitará a Casa Museo de Lope de Vega, e outro o Museo do Prado. Ese mesmo día todos visitarán o Museo Reina Sofía.
Esperamos que o pasedes moi ben e aproveitedes ao máximo a viaxe