Get Adobe Flash player

A partir do 19 de abril e ata final de mes ábrese o prazo de inscrición ás probas libres para a obtención de títulos LOE (a extinguir) de FP.
 

  • As persoas que se inscriben deben utilizar o anexo I da orde do 5 de abril de 2013 como modelo de inscrición para ás probas e o anexo II para a xustificación de actividades desenvolvidas na empresa.
  •  As solicitudes “por escrito” (sen código de solicitude) recibidas cargaranse, de forma manual, na aplicación “ciclosadmision” na pestana 5.1 “Alta de solicitudes ordinarias”.


A orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas libres para a obtención de títulos LOE de FP non recolle estas circunstancias que é necesario ter en conta:

Cando unha persoa alegue un dos novos requisitos de acceso a ciclos formativos recoñecidos na LOMCE para o acceso a ciclos superiores (BUP, ou título de grao medio de formación profesional) ou para grao medio (título de FP básica) deberá marcar no modelo de inscrición (anexo I) “Outros estudos declarados equivalentes” e indicar no espazo dispoñible o requisito polo que accede.

A resolución do 4 de agosto de 2020* no punto vixésimo terceiro , aclara o artigo 6.1 b) da orde do 5 de abril de 2013, indicando que de quedar prazas vacantes poderán matricularse (en prazas liberadas do 19 ao 31 de maio) nestas probas aquelas persoas que estean matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dun máximo de tres módulos profesionais de ciclos que se estean a cursar polo dito réxime, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba. Tamén abre esta opción ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.

Solicitude web, permítese a utilización do asistente web para a realización das solicitudes. Neste caso as solicitudes teñen código de solicitude (arriba á dereita) e deberanse tramitar en "ciclosadmision" no apartado 5.3 “Entregar solicitudes”. Lembren que as solicitudes con entrega automática estarán no apartado 5.4 como pendentes de validar.

A vida laboral en probas libres de títulos LOE de FP barémase en dous grupos: no sector produtivo directamente relacionado co ciclo formativo e nun sector produtivo non directamente relacionado co ciclo formativo, o que implica a necesidade de baremar obrigatoriamente no apartado 5.5.2 de "ciclosadmison".

Por primeira vez a oferta de FP dual entra en probas libres, estará dentro da oferta vinculada B.

Excepcionalmente, e de non ser posible a presentación da solicitude directamente ou mediante persoa autorizada nun centro educativo (lembren que este ano é posible a solicitude de entrega automática co asistente informático), poderase presentar en sobre aberto en calquera oficina de Correos, para ser remitida por correo certificado co selo de Correos coa data de entrega, lugar, hora e nome da oficina (artigo 31do Real decreto 1829/1999). A persoa solicitante pedirá explicitamente que se fagan constar as circunstancias do envío, logo da comparación co documento de identidade, segundo o referido artigo. A solicitude irá dirixida ao centro elixido en primeira opción. A documentación presentada que non sexa orixinal deberá estar compulsada, e tamén se deberá incluír unha copia simple do documento de identidade. Será necesario remitir, nos prazos de admisión, unha copia da documentación presentada e selada mediante correo electrónico ao centro ao que vaia dirixida a solicitude.

Recomendamos aos solicitantes facer a solicitude web con entrega automática, aínda que non teñan usuario ou sinatura dixital.

¿Que materias non van impartir?

Recollida de tapóns solidarios

Centro residencial docente

 

TokApp School

FP Oferta Educativa

Translate (traduce esta web)

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Formación profesional DUAL

Navega con rumbo

Contador de visitas

3064903
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
201
1178
7804
2946453
96621
33615
3064903

A túa IP: 3.236.55.22
Data e hora: 2021-09-25 08:38:29

¿Quen está en liña?

Temos 23 anónimos e ningún membro en liña

Novas da Voz de Galicia

As nosas webs

Séguenos en...

 

 

Colabora coa Cruz Vermella

Acceso correo Departamentos

Proxecto Abalar

Acceso ao servidor desde outra zona do centro

 

Galeria permanente de fotos