Get Adobe Flash player

O prazo para solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e Axudas para material escolar estará aberto ATA O 22 DE XUÑO DE 2021.

Non acuda ao centro a buscar a solicitude. Utilice os enlaces que aquí se amosan. 

Se vai presentar a documentación persoalmente no propio centro, acuda ao mesmo só cando teña cuberta toda a documentación solicitada (ANEXOS debidamente cubertos, fotocopias requeridas, e calquera outra documentación). O centro non fai fotocopias.

Recórdase que é requisito ter devolto e en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2020/21.

MODOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  1. Se dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou CHAVE365 (recomendable), pode tramitar a súa solicitude en liña desde este enlace   
  2. Se non dispón de ningún medio electrónico para a tramitación da solicitude online, pode facelo de maneira presencial no propio instituto. Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro debidamente asinados, xunto coa documentación necesaria. Para a comprobación dos datos presentados, é imprescindible a documentación orixinal (libro de familia, DNI), xa que o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación presentada. Descargue desde aquí o formulario de solicitude. É un arquivo en formato PDF no que se pode escribir.
  3. Tamén pode presentar a súa solicitude nas oficinas de rexistro da Xunta.

Recoméndase cubrir a solicitude mediante a aplicación FONDOLIBROS (www.edu.xunta.es/fondolibros) podendo despois imprimila para entregala xunto coa documentación correspondente, na Secretaría do centro, ou ben presentala por vía telemática na Sede Electrónica da Xunta.

Devolución dos libros do fondo solidario no curso 2020/21

  • O alumnado de ESO que aprobe todo na convocatoria de xuño deberá devolver todos os libros do fondo segundo as instrucións que se publicarán proximamente.
  • O alumnado de ESO que teña algunha materia pendente e que corresponda cun libro do fondo, deberá devolvelo segundo as instrucións que se publicarán proximamente.

Fondo solidario de libros de texto (1º, 2º, 3º e 4º ESO) A PUBLICACIÓN DAS LISTAXES SERÁ ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO

  • Publicación da listaxe de solicitudes con deficiencias ou falta de documentación: 23 de xuño de 2021
  • Emendas á listaxe de solicitudes con deficiencias ou falta de documentación: do 24 de xuño ó 7 de xullo de 2021
  • Publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas: 9 de xullo de2021
  • Presentación de reclamacións contra as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas: 12 e 13 de xullo de 2021
  • Publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas 15 de setembro de 2021
  • A partir do 15 e antes do 24 de setembro de 2021 entregaráselles ao alumnado, cuxas solicitudes foron admitidas, o número de libros que lle correspondan en función da renda per cápita.
  • Xunto cos libros de texto achegaráselles o documento de entrega. Este documento, unha vez asinado pola persoa solicitante será entregado na secretaría do centro polo alumnado ao día seguinte da recepción dos libros.

 

Nas seguintes ligazóns dispoñen de información e instrucións detalladas para facer a solicitude, e dos impresos que se deben cubrir:

¿Que materias non van impartir?

Recollida de tapóns solidarios

Centro residencial docente

 

TokApp School

FP Oferta Educativa

Translate (traduce esta web)

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Formación profesional DUAL

Navega con rumbo

Contador de visitas

2931772
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
205
1300
7330
2819566
36060
51204
2931772

A túa IP: 3.235.185.78
Data e hora: 2021-07-30 01:33:37

¿Quen está en liña?

Temos 28 anónimos e ningún membro en liña

Novas da Voz de Galicia

As nosas webs

Séguenos en...

 

 

Colabora coa Cruz Vermella

Acceso correo Departamentos

Proxecto Abalar

Acceso ao servidor desde outra zona do centro

 

Galeria permanente de fotos