Get Adobe Flash player

¿Estás interesado/a en estudar na Universidade Laboral?.

Podemos ofrecerche multitude de razóns para que escollas o noso centro escolar e estudes connosco. ¿Sabías que somos o único IES da provincia que ofrecemos o bacharelato de artes?. ¿Sabías que compartimos o edificio co Centro Residencial Docente, no que o alumnado por un módico prezo dispón de residencia ademais dunha gran parte de servizos complementarios?. ¿Sabías que dispoñemos dunha amplísima oferta de Formación Profesional, cunha alta inserción profesional?. ¿Sabías que somos o único IES da provincia que ofrecemos a Formación Profesional DUAL, na que os nosos alumnos/as estudan e traballan ao mesmo tempo?. ¿Sabías que logo de 40 anos, o profesorado do centro foi constituíndo un verdadeiro museo etnográfico?. ¿Sabías que somos o único IES da cidade que ofrecemos clases de reforzo polas tardes (o PROA)?

Preme no botón "Ler máis", para coñecer todo isto e moito máis de todo o que che podemos ofrecer

 

Porque dispoñemos dun excelente cadro de profesorado. Os resultados do noso alumnado nas probas de acceso á universidade sempre son moi satisfactorios, e adoitan superar a media galega. En anos anteriores os nosos alumnos/as obtiveron puntuacións de 10 en diferentes materias; case sempre temos alumnado que obteñen matrícula de honra no bacharelato, e superan a puntuación necesaria para cursar case calquera tipo de grao universitario, mesmo os que esixen máis nota.

Porque somos o único centro da provincia que oferta o bacharelato de artes (modalidade de artes plásticas). Son múltiples as exposicións e actividades que realizan estes alumnos/as ao longo do ano, por iso o resto do centro benefíciase tamén indirectamente desta modalidade educativa.

Porque dispoñemos dunha amplísima oferta en formación profesional:

Ciclos medios: Electromecánica de vehículos (dous grupos), Carrozaría, Instalacións frigoríficas e de climatización
Ciclos superiores: Automoción, Mecatrónica
Porque somos o único centro en ofrecer o Programa de formación profesinal básica de Mantemento de vehículos.

Porque somos o único centro da provincia en contar coa Formación Profesional DUAL, no que o alumnado estuda e traballa ao mesmo tempo, ao igual que se fai noutros paises europeos avanzados. O ciclo convina a formación profesional no centro educativo e na empresa UNVI. Este ciclo conta cun novo taller construído no 2017 cunhas modernas instalacións.
Porque atendemos á diversidade. Contamos cun Departamento de orientación composto por 1 orientador, 2 profesores/as de audición e linguaxe, 2 profesores/as de pedagoxía terapeutica e dous intérpretes de signos. Ademais en 1º e 2º de ESO realizamos agrupamentos específicos de alumnado cando a situación o precisa, o que supón que en tres materias reducimos o número de alumnado na aula, ao facer un grupo máis.
Porque dispoñemos dun Club de lectura que ao longo destes anos foise convertendo no verdadeiro motor de dinamización cultural do noso IES. Boa proba de todas as actividades que desenvolven: viaxes culturais para alumnado, pais e nais, concursos, exposicións, charlas de escritores, actividades de lectura... pódese consultar todo isto na súa páxina web
Porque levamos xa varios anos desenvolvendo 0 plan lector do centro. Tódolos nosos alumnos/as de ESO dispoñen dunha hora semanal dedicada á lectura. Pódese consultar o horario na páxina web

Porque contamos en 1º e 2º de ESO co proxecto Abalar, beneficiándonos de todas as vantaxes deste proxecto da consellería. No resto da ESO e o bacharelato contamos co proxecto Kits Dixitais.

Todos estes proxectos supuxo que contemos xa con encerados dixitais en tódalas aulas de ESO e Bacharelato, e con proxectores no resto das aulas do centro.

Contamos tamén cos recursos do proxecto AbalarMóbil, mediante o cal os pais e nais poden consultar todo tipo de información (cualificacións, faltas de asistencia en tempo real, etc), e estar en contacto co centro escolar e tamén co profesorado, a través do smartphone.

Porque ademais do AbalarMóbil, contamos coa plataforma TokApp School para comunicarnos coas familias e alumnado directamente a través dun sistema de mensaxería tipo Whatsapp ou SMS
Porque contamos tódolos anos co proxecto Contrato-Programa (antigo PROA), o que significa que dispoñemos de clases de apoio polas tardes para os tres primeiros cursos de ESO (para o alumnado de transporte, dispoñemos dun servizo de comedor gratuíto). Somos xa o único IES da cidade que contamos co programa PROA.

Porque o IES Universidade Laboral está fisicamente unido ao centro residencial docente. Compartimos edificación. Desta maneira aqueles alumnos/as que residan nel e opten por estudar no noso centro, non terán necesidade de realizar ningún tipo de desprazamento. No Centro Residencial Docente o alumnado dispón ademais de servizo de lavandería, biblioteca, servizo médico propio, restaurante, ximnasio, aula de informática con acceso a internet, salas de estudo, salas de TV e vídeo, etc.

Ao compartir instalacións o noso IES dispón dun servizo de comedor tódolos días da semana, e por un módico prezo, para todos aqueles que o precisen.

Porque nos últimos 40 anos dispuxemos dun Taller de teatro, con materia optativa propia na ESO. No noso centro naceron grupos de teatro que hoxe triunfan no eido profesional, como Sarabela teatro, ou Tarumba teatro.

Porque dispoñemos de todo un Museo etnográfico, constituído ao longo de moitos anos co esforzo e doazóns de alumnado e profesorado do noso IES. Este museo é fonte de aprendizaxe directo da nosa cultura.
Porque moitos departamentos participan en proxectos e concursos educativos dos que se beneficia directamente o alumnado. Actualmente é de destacar o traballo que se ven realizando no que respecta á participación na axenda 21. Grazas a este proxecto xa hai anos comezamos a instalar paneis solares nos tellados do IES, co obxectivo de ser enerxeticamente autosuficientes nun futuro. Hai ampla información do traballo que se leva desenvolvido na súa páxina web
Porque o noso centro está situado nun recinto cunha enorme zona verde. O edificio do IES dispón de amplísimos ventanais, o que nos permite desfrutar do noso contorno vexetal en toda a súa plenitude. Compróbao ti mesmo facendo click neste enlace

Porque no noso centro apostamos polas novas tecnoloxías. Levamos desenvolvidas varias páxinas web onde damos conta dos proxectos importantes do noso IES. Contamos cun servidor propio.

 

Acceso

Solicita no centro a clave de acceso ás áreas restrinxidas desta web

Centro residencial docente

Recollida de tapóns solidarios

TokApp School

Translate (traduce esta web)

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Formación profesional DUAL

Navega con rumbo

Contador de visitas

1669579
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
867
873
3537
1564627
16901
23784
1669579

A túa IP: 54.80.60.91
Data e hora: 2017-11-22 11:15:52

¿Quen está en liña?

Temos 57 anónimos e ningún membro en liña

Novas da Voz de Galicia

As nosas webs

Séguenos en...

  • Facebook: /pages/IES-Universidade-Laboral/179875562083593
  • Flickr: universidadelaboral
  • Twitter: laboralourense
  • YouTube: universidadelaboral
  • External Link: issuu.com/tonohernandezgonzalez

Proxecto Abalar

Acceso ao servidor desde outra zona do centro

 

Webs do profesorado

 

Bacharelato de artes

 

Recanto das CC Sociais

 

 

Historia das mulleres ourensás

 

 

Galeria permanente de fotos