Get Adobe Flash player

ENLACE PARA DESCARGAR OS FORMULARIOS DE MATRÍCULA

O mércores 22 de xuño remataron as clases no curso 2022/23. As avaliacións finais e extraordinaria en Bacharelato realizaranse o xoves 23 e o luns 27.

A entrega de notas realizarase o martes 28 ás 11 horas de xuño nas respectivas aulas (a excepción de 1º Bacharelato D e 2º Bacharelato de Artes, por mor das oposicións que se están a realizar no centro)

Para matricularse primeiro hai que recoller os sobres de matrícula no Hall do IES a partir do martes 28 de xuño e acudir logo á secretaría só cando se ten o sobre cos formularios cubertos e toda a documentación completa, para evitar aglomeracións.

  • Nota: para o alumnado que se matricule en 1º de bacharelato haberá unha reunión informativa o xoves 30 (avisaremos da hora), logo de que o claustro de profesorado ratifique os itinerarios.

Prazos para realizar a matrícula:

  • ESO e Bacharelato: Do 25 de xuño ó 10 de xullo.
  • 1º Ciclos Formativos: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Primeira adxudicación o 19 de xullo. Ver calendario detallado na web.
  • 2º Ciclos Formativos e 2º FP Básica: Entregar folla de matrícula (na secretaría do centro) ata o 19 de xullo.
  • Curso de especialización en FP: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Publicación de adxudicación de prazas o 19 de xullo. Matriculación do 19 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
  • FP DUAL: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Período de selección pola empresa, do 11 o 14 de xullo ás 12:00 horas. Publicación de prazas adxudicadas o 15 de xullo. Matrícula do 18 de xullo ás 9:00 horas ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
  • 1º FP Básica: O centro de orixe debe ter cargada a solicitude de admisión e matrícula na aplicación ciclosadmisión. O prazo é do 27 de xuño ata as 14:00 horas do 6 de xullo.O 8 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos. O día 20 de xullo a listaxe definitiva.

A matrícula poderá realizarse utilizando calquera dos seguintes procedementos:

  • Acceder á aula virtual do IES. Descargar, cumplimentar e imprimir no propio domicilio os impresos de matrícula (O ENLACE ESTÁ AO PRINCIPIO DESTA NOTICIA). Recoller o sobre en conserxería. Asinar todo e posteriormente entregalos xunto co resto da documentación descrita máis abaixo, na secretaría do IES. Para poder cumplimentar os formularios neste caso é imprescincible descargalos previamente no ordenador, para poder editalos e escribir sobre eles, logo imprimilos.
  • Acudir ao IES para recoller todos os formularios de matrícula en papel no Hall do IES, cumplimentar os impresos de matrícula, asinalos e posteriormente entregalos xunto co resto da documentación indicada no sobre na secretaría do IES.

Enlaces de interese e información da Formación Profesional:

 

O alumnado que desexe matricularse en 1º curso de Formación Profesional, debe solicitar anteriormente a admisión. A solicitude de admisión deberá realizarse mediante o asistente informático vía web (é un proceso centralizado da Consellería para tódolos centros).

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

ENLACE Á PÁXINA DE ADMISIÓN

¿Que materias non se van impartir?

FP Oferta Educativa

Promoción e titulación

Na ESO:

 

 

No Bacharelato:

 

Centro residencial docente

TokApp School

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Navega con rumbo

Contador de visitas

3429257
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
718
709
7281
3315106
718
41468
3429257

A túa IP: 18.206.14.36
Data e hora: 2022-07-01 20:52:48

¿Quen está en liña?

Temos 37 anónimos e ningún membro en liña

As nosas webs

Séguenos en...

 

 

Colabora coa Cruz Vermella

Plan de Bibliotecas

CP Innova