Os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro alumnado de Formación Profesional viaxou ao Pais Vasco para visitar varias empresas desa comunidade: A fábrica de Michelín, as Cooperativas de Mondragón e a empresa matriz do grupo co que colaboramos na FP DUAL, a Fábrica de Rubi.
Tamén tiveron tempo para visitar as citades de Bilbao e Vitoria e realizar algunha visita cultural nela.
O profesorado tamén tivo tempo de visitar e realizar unha pequena formación no centro de innovavión desa comunidade.
Estas actividades están organizadas pola nosa Aula de Emprendemento e financiadas con fondos europeos.
Deixamos un pequeno vídeo da visita, e se consultades as nosas redes sociais tedes aínda máis.
Éxito rotundo na posta en marcha da Ludoteca do IES Universidade Laboral. Dende a sua apertura, a Ludoteca enchese con case 30 rapaces cada recreo, e iso que ainda acabamos de comezar!
Yael de Lorenzo Lamas acaba de recibir o primeiro premio no certame Xuventude Crea 2022, na categoría de Fotografía. Yael é actualmente alumna da escola de artes Antonio Faílde e fora alumna nosa do Bacharelato de artes hai dous anos. Enlace
O xurado seleccionou a súa serie "Mocidade" entre un gran número de participantes. "Mocidade" forma parte xa da exposición colectiva temporal que se pode ver na Igrexa da Universidade (Santiago de Compostela) e na cal se expoñen os traballos premiados. Posteriormente, pasará a formar parte do museo dixital: www.museoxuventudecrea.gal
Xuventude Crea, convocado pola Xunta de Galicia, leva trece anos premiando as propostas creativas da mocidade galega pertencentes a 14 categorías artísticas: teatro, música, novela curta, poesía, video creación, banda deseñada, arte urbana, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, creación de videoxogos, fotografía e artes plásticas (esta última comprende as modalidades de pintura e escultura).
Moitos parabéns Yael! Desexámosche que de aquí en diante teñas moito máis éxito nas artes.
No marco de actuación do Plan Director, achéganmos información sobre unha campaña da Agencia Española de Protección de Datos para tratar de evitar a difusión a través de internet de contidos sexuais ou violentos publicados sen o permiso das persoas que aparecen neles, especialmente menores e/ou mulleres vítimas de malos tratos.
WEB de axuda
Esta campaña e o contido do sitio web trantan de ser de utilidade para informar o alumnado sobre a gravidade de accións, por veces irreflexivas, de difusión de fotografías, vídeos ou outros contidos non autorizados.
A ferramenta é de axuda tamén para denunciar contidos indesexados na rede, dos que sexamos coñecedores, e minimizar así no posible o dano para as vítimas, ao tempo que se facilita a actuación contra as persoas responsables.
Esta semana celébrase o 25N, o día da Violencia contra a muller. Non obstante, o calendario non axuda a celebrar nesta semana actividades relacionadas con esta temática tan importante (son datas de exames) así que dende vicedirección decidiuse adiar os actos previstos para a semana do 28 de novembro.
Deixamos un resumo das actividades previstas para esa semana: O Departamento de Orientación entregou un material aos titores/as para traballar na aula.
- Haberá exposicións e cartelería no Hall e instalaremos o Buzón contra a violencia tal e como fixemos o curso pasado.
- O día 28 de novembro haberá dúas actividades relacionadas coa igualdade e a non violencia:
Para 1º e 2º da ESO unha actividade de Maxia no salón de actos dende as 10.00 ata as 11.00 horas
Para 3º e 4º da ESO unha charla/taller sobre feminismo dende as 11.30 ata as 12.20 horas
Estas dúas actividades celébranse no Salón de Actos. O día 30 de novembro celebraremos un Festival sobre a Violencia contra a muller. Este Festival organizado polos departamentos de Lingua Castelá e Galega
Tantas persoas pasan pola Laboral cada ano (case mil) que sempre acontecen historias que merecen a pena ser contadas. O curso pasado dábamos conta dun exalumno de artes, Chechu, que gañaba nada menos que un Goya pola súa interpretación en "Las leyes de la frontera", e non era o primeiro actor de cine que pasaba por aquí... Hoxe traemos outra historia diferente, pero non menos sorprendente.
Vendo por televisión o sorteo da copa do rey de fútbol quedamos estupefactos cando apareceu na pequena pantalla a nosa Asun, a antiga telefonista da Laboral.
Resulta que o ano pasado cedera o balcón da súa casa para que retransmitiran por televisión o partido Arenteiro - Valencia; e tan agradecidos quedaran na Federación Española polo trato recibido (non marcharon coa barriga baleira), e coñecedores das súas dotes artísticas no teatro afeccionado, que a levaron para extraer a bola do equipo do Carballiño.
Foi ela a que decantou a sorte para que o Arenteiro se enfrontara ao Almería, ao que finalmente derrotou.
O dia 17 de novembro, terceiro xoves do mes, conmemórase o Dia Internacional da Filosofia. E así o celebramos nós, tivemos exposicións e actuación dos grupos de 1º de Bacharelato de Artes, cos seus traballos de Volume, reproduccións dos frisos do Partenón, e da clase de Filosofía, sobre a mitoloxía e os primeiros filósofos gregos.
Unha xornada para compartir o fruto do seu traballo.
O xoves 10 de novembro celebramos nos exteriores a festa propia da nosa cidade, o Magosto. Outra vez o tempo acompañou e puidemos desfrutar do noso recinto.
Tivemos hora e media de música, bolos preñados, castañas, bica e sobre todo moito bailoteo.
Menudo ambientazo!!!
O luns 21 de novembro por fin inauguramos a ludoteca da do noso IES.
A idea xurdiu alá polo ano 2019. Coa chegada da pandemia habilitamos novos espazos no centro para poder impartir as clases coa separación que requerían as normas sanitarias. Este non se estaba utilizando, pero houbo que facer moitas cousas nel: poñerlle un chan de madeira para facelo máis acolledor, cambiar as vellas ventás, pintalo, instalar un sistema de calefacción, cambiar as tomas eléctricas e a iluminación, levar o cable de internet ata alí. No último ano colocamos as novas estanterías. Pero sempre coa idea de convertelo nunha ludoteca cando as circunstancias o permitisen.
Pois ese momento chegou neste curso escolar da man do grupo de profesores/as que puxeron o seu empeño en darlle o toque final: mercaron libros, xogos educativos, mobiliario, puffs deses que tanto vos gustan, alfombras, e sobre todo, deseñaron a súa organización.
A ludoteca estará aberta nos recreos fundamentalmente. Ten tres zonas diferenciadas, unha zona de xogos, outra de lectura e unha terceira que será o futuro set de televisión da Laboral, pero ese será outro proxecto...
O luns 21 xa haberá alí unha profesora de garda para atender ao usuarios e explicar o funcionamento da mesma.
O mércores 2 de novembro estivemos de excursión no auditorio da nosa cidade cos grupos de 2º ESO de Iniciación á Arte Dramática e 3º ESO de Oratoria, asistindo a un "Obradoiro de Dobraxe" na Escola organizado polo OUFF.
Neste obradoiro aprendemos como funciona a industria do dobraxe e a súa importancia para a promoción da nosa lingua. Tamén tivemos a oportunidade de dobrar nós mesmos varias escenas dunha película
Despois, visitamos os diferentes espazos, materiais e posibilidades que nos oferta a Biblioteca Pública de Ourense Nós da man de Iria.
Fomos varios os que marchamos ilusionados co resgardo para facernos o carné!
Xornada de outono, lume e patacas da horta co alumnado 1º da ESO da Aula da Natureza. O traballo realizouse en varias semanas atrás. Estes alumnos e alumnas recolleron a leña do noso bosque, acarrearon, trocearon e cubriron coidadosamente para protexela da chuvia que ainda non chegaba.
Logo recolleron as patacas e as gardaron. E grazas a iso agora tivemos leña seca, e velaí os tedes, cociñando nas brasas, patacas con romeu, que por suposto tamén recolleron no mesmo momento na zona de aromáticas. Valorando a terra, valorando o traballo e disfrutando moitísimo.
Bo traballo rapaces/as
O Departamento de Matemáticas do IES Universidade Laboral organiza o segundo concurso de poemas e relatos matemáticos. Consulta as bases e anímate a participar!
Varios membros do equipo Erasmus+ do IES acudiron o venres 14 de outubro á Xornada de xestión e promoción das mobilidades Erasmus+ nos consorcios de FP de Galicia, que se celebrou no CIFP Compostela. Seguimos avanzando na consolidación dos proxectos europeos na Laboral.