Pois si, un antigo alumno do bacharelato de artes ven de conseguir o Goya ao mellor actor revelación pola súa interpretación maxistral interpretando a "Zarco" na película "Las leyes de la frontera". Trátase de Chechu Salgado.
Logo deste merecido recoñecemento esperamos a partir de agora disfrutar do seu traballo en moitos máis filmes porque xa puidemos comprobar o gran profesional que é.
Non é o primeiro actor que pasa pola Laboral. No ano 2006 tivemos no bacharelato de Ciencias Sociais a Roberto Porto que tivo un dos papeis principais no filme galego "Pradolongo". E o que virá...
O departamento de Física e Química xunto con outros traballaron co alumnado para a elaboración de carteis que podedes ver por todo o centro, e dende o Departamento de Matemáticas o alumnado de 2° da ESO realizou un vídeo no que se lle da visibilidade a moitas científicas que durante anos permaneceron na sombra. Animamos a que o visionedes.
O xoves 20 de xaneiro estivo no centro Benito Vázquez Dorrío, catedrático de Física na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
Impartíu unha charla a alumnado de ciencias sobre a "Luz e Cor", na que aprendimos a natureza da luz e a súa relación coa cor que percibimos dos obxectos, e así tamén comprendimos coa Física a frase " todo depende da cor do cristal con que se mire", no noso caso do filtro interposto ou do tipo de luz co que se ilumina.
Foi unha charla moi interesante e con experiencias sorprendentes.
Imos ter máis charlas deste tipo no mes de febreiro.
Para despedir o ano os departamentos de Matemáticas, Historia, Francés, Inglés, Plastica, etc, tiveron uns días de intensa actividade traballando con materiais nobles, reciclados, decorando moitas zonas do IES para dar un ambiente navideño.
O mércores 15 de decembro, alumnado de bacharelato do noso centro asistiu á exposición fotográfica "Tierra de sueños" na Alameda de Ourense. Unha xornada moi productiva para achegar tanto a realidade da India como o poder da fotografía.
Acabamos de crear unha ferramenta que permitirá a toda a comunidade educativa consultar os exames/recuperacións/probas, creados polos delegados e subdelegados de cada grupo. Polo momento estará a proba no curso de estudantado da aula virtual (tema exames).
Só os delegados/as poderán crear/modificar eventos de calendario para o seu curso e grupo.
O resto do alumnado só poderá ver os eventos creados para o curso e grupo ao que pertence. Se algún alumno/a observa que non está anotado algún exame/traballo programado, ou que hai algún erro nos anotados, debe informar ao delegado/a ou subdelegado/a para que anote ou modifique o evento correspondente
O servizo de comedor escolar é prestado pola mesma empresa que atende ao Centro Residencial Docente. É dicir compartimos espazo.
Os residentes teñen o almorzo, xantar, merenda e cea tódolos días; e o alumnado do IES só fan o xantar do luns, pero o menú é o mesmo.
Os luns o alumnado do IES come de 13:10 a 13:50, e os residentes van chegando a partir das 14:00 horas.
Para informarse das características do servizo e dos menús (fixarse só na comida do luns), deixámosvos o enlace á súa páxina:
Para o alumnado de Paisaxe as clases do pasado xoves día 2 de decembro trascorreron no pobo de Aceredo, a localidade que emerxeu das augas. Silencio absoluto ó baixar cara as casas, que se rompeu con preguntas e explicacións. Que lles pasou ós seus habitantes?
Vimos a fonte da que segue a sair auga, os restos das viñas, e tamén soubemos que tiñan laranxas dunha variedade exclusiva; imaxinamos como deixarían atrás todo. Como foi que chegou a auga que o inundou? Que é a enerxia hidráulica, que cambia paisaxes, que cambia vidas? Regresamos contentos e cheos de barro, porque ás veces, as clases son así.
Para concursar presentarase un poema ou conto de ficción de tema libre relacionado coas matemáticas (por exemplo, baseado nun resultado matemático, un personaxe relacionado con esta ciencia, unha situación onde afloren as matemáticas...), en lingua castelá ou lingua galega.
Poden presentarse a este concurso alumnas e alumnos de Secundaria e Bacharelato que estudan no IES Universidade Laboral. Consideraranse as seguientes categorías: Categoría A: Estudantes de 1º, 2º de ESO. Categoría B: Estudantes de 3º, 4º de ESO e FP Básica. Categoría C: 1º, 2º de Bacharelato
Por fin!!!. Aproveitando o gran espazo verde de que dispón a Universidade Laboral, puidemos celebrar o tradicional magosto ao aire libre. Bolos preñados, castañas, bica e a tradicional fogata. O pasado venres 12 de novembro puidemos pechar o recinto á circulación de vehículos durante unha hora para poder celebrar dous anos despois o tan esperado magosto.
Nestes momentos de moita incertidume sobre os prezos e os mercados das fontes de enerxía que consumimos, o 7 de novembro o alumnado de 4º ESO e 2° FP Básica asistiron a unha interesante charla sobre a factura da luz.
O alumnado do bacharelato de ciencias asistiu o día 4 de novembro a unha interesantísima charla de física sobre optica.