A Universidade Laboral é un dos poucos centros de Galicia que conta cun Bacharelato de Artes. A zona onde ten as aulas específicas precisaba xa dunha actuación integral.
O que se fixo foi unir un pequeno espazo de desdoble (a aula 4) cuns vestiarios/aseos existentes. O resultado é o que xa se pode observar na fotografía, unha nova aula con tódolos servizos necesarios: zona de informática para 15 postos, almacén propio, boa iluminación, acometidas para auga fría e quente.
Tamén se reformaron os exteriores do lugar onde está situada: a porta de saída para a zona de artes foi cambiada, pavimentado o hall de entrada e os aseos masculinos e femininos foron totalmente reformados.
No futuro tense pensado habilitar un cuarto/vestiario para o persoal da limpeza, substituír o sistema de calefacción actual (enterrado no chan) por un aéreo e continuar co novo pavimentado ata o comezo do corredor de artes.
Neste enlace tedes toda a información do calendario das probas de acceso á universidade. Tamén o tedes no menú da dereita "Curso 2020-21"
De momento está só o calendario. Iremos poñendo o resto da información a medida que chegue. Tamén podedes consultar as vosas dúbidas directamente á Dirección do centro, no Departamento de orientación ou na Secretaría.
¡Ánimo que xa falta pouco!
A partir do 19 de abril e ata final de mes ábrese o prazo de inscrición ás probas libres para a obtención de títulos LOE (a extinguir) de FP.
- As persoas que se inscriben deben utilizar o anexo I da orde do 5 de abril de 2013 como modelo de inscrición para ás probas e o anexo II para a xustificación de actividades desenvolvidas na empresa.
- As solicitudes “por escrito” (sen código de solicitude) recibidas cargaranse, de forma manual, na aplicación “ciclosadmision” na pestana 5.1 “Alta de solicitudes ordinarias”.
O alumnado do 2° curso do ciclo de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos visitaron esta semana o "Heat District" de Biomasa recién inaugurado no Concello de Silleda.
Na visita o alumnado puido acceder ás distintas partes da instalación como son as máquinas térmicas, todo o sistema de automatización, rede de tubería e instrumentación asi como visitar algunhas das dependencias ás que dito Heat District está dando serivizo: un pabillón polideportivo e unha piscina entre outros. A visita foi moi interesante dada a singularidade técnica da instalación e por suposto agradecemosa boa disposición do Concello de Silleda que puxo á disposición do noso alumnado o técnico proxectista da instalación, quen fixo diversas demostracións cos equipos e respostou todas as dúbidas do alumnado.
Diversas noticias nos medios de comunicación que fixeron unha reportaxe desta visita:
O alumnado de 1º curso de Bacharelato na materia de Filosofia presentou a exposición dos seus traballos: A COSMOLOXIA DE ARISTÓTELES. Diferentes maquetas, cartaces, trípticos, feitos con materiais diversos: teas, cartón, lá, botóns e ata con brilantes luces. Todo para comprender dende os seus inicios a importancia de ter unha visión do universo e do ser humano.
O alumnado de 1º de ESO da materia Sustentabilidade e Paisaxe está a elaborar comedeiros e guirnaldas de sementes para os paxaros do noso recinto. Xa foron revisadas as casiñas de aves que se instalaron o curso pasado, coidando sempre de non facelo en época de cría.
Esta vez fixeron as guirnaldas con pipocas e colocáronse nas ramas máis altas, con axuda dunha longa cana feita con bambú, claro està, tamén do noso bosque.
Durante o mes de febreiro o noso alumnado de Valores Éticos de 1º de ESO realizou unha serie de actividades pola Paz. Aqui tedes a mostra adicada á Carta do indio Seatle, onde traballaron o documento enmarcado no tema da Declaraciòn dos Dereitos Humanos. Cada alumno/a realizou a súa propia Pipa da Paz empregando materiais recollidos do noso bosque: cañas, landras, abalorios reciclados, etc.
Cada pipa foi decorada tendo en conta o aprendido sobre a historia dos indios americanos.
A Federación Galega de Hockei foi nomeada pola Real Federación Española de Hockey para a organización da Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14 masculino e Feminino, que se celebrou os días 26, 27 y 28 de febreiro de 2021 no campo da Universidade Laboral.
A Universidade Laboral e o Centro Residencial Docente colaboraron na organización do evento.
Alí estiveron as nosas seleccións masculina e especialmente a feminina (que era a actual campiona de España). Non puideron revalidar o título, pero obtiveron una meritoria terceira praza acadando a medalla de bronce. Noraboa
Os patidos foron televisados por youtube. Enlace:
https://www.youtube.com/channel/UCNLfbFrJqddVYithUjsjS8A?reload=9
Noticias sobre este tema:
O IES Universidade Laboral de Ourense ven de firmar este pasado 3 de febreiro un convenio de colaboración coa empresa Sistemista e Instaladora Teula Sistemas S.L. mediante o cal o Ciclo de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos recibirá a cesión de equipos de calefacción e ACS para o seu estudo e análise co fin de mellorar os coñecementos do alumnado sobre equipos existentes no mercado relativos á xeración de calor e instalacións térmicas. A empresa Teula Sistemas S.L. representada por un dos seus xerentes Pablo Docampo, fixo unha visita ás instalacións do IES Universidade Laboral e mostrouse moi satisfeito con dita colaboración e a posibilidade de aportar valor no desenrolo didáctico neste curso 2020-2021.
O IES Universidade Laboral e o Centro Residencial Docente compartimos edificio desde hai moitos anos. Nos dous centros existían desde o ano 1992 multitude de rampas que facilitaban o acceso a varias zonas dos dous edificios, pero seguían existindo moitos obstáculos insalvables e zonas de imposible acceso para unha persoa de movilidade reducida.
As obras necesarias para humanizar os nosos centros eran ambiciosas. Comezamos con elas dun xeito coordinado hai xa case un ano. O Centro Residencial instalou un ascensor e un elevador, e pola súa parte o IES instalou un elevador, duas rampas en zonas nas que existían escaleiras e construíronse dous aseos para minusválidos.
Con todo isto quedan os dous centros unidos sen barreiras arquitectónicas e listos para que calquera persoa con movilidade reducida poda residir no Centro Residencial e cursar ESO ou calquera dos Bacharelatos (incluído o de Artes) no noso IES.
Un logro que levábamos anos tentando conseguir.
Na imaxe podemos ver o elevador acristalado situado na zona do salón de actos.
Prazo de solicitude ordinaria: do 22 de febreiro ao 8 de marzo de 2021.
Prazo de solicitude extraordinaria: do 22 de xuño ao 5 de xullo de 2020.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Xunto coa solicitude deberase presentar xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas, validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso
O Ciclo Medio de Carrozaría leva implantado no noso centro hai xa moitos anos, e con moito éxito; debido a que ten un elevado grao de empleabilidade. Os alumnos e as alumnas que o rematan atopan traballo moi pronto.
Contaba desde os seus inicios cun espazo de taller propio, pero nunca dispuxo dunha aula propia. Os alumnos deste ciclo sempre tiñan que compartir aula con outros ciclos o que sempre lles creou certa incomodidade.
No mes de novembro pasado iniciouse a construcción da nova aula de carrozaría. As obras foron a bo ritmo e xa está en uso desde a volta de vacacións no mes de xaneiro.
Trátase dunha instalación moderna e con sistema de ventilación propia.
Informe da Dirección:
Chegamos á metade de curso e queremos informar a toda a comunidade educativa que os casos positivos de covid19 recollidos no noso centro dede comezos de curso foron casos nos que os contaxios se produciron fóra del, e os afectados sempre regresaron ao centro unha vez recuperados da enfermidade. Seguimos sen ter coñecemento de ningún caso de contaxio dentro do propio IES.
Levamos desde o día 1 de febreiro sen ter coñecemento de ningún alumno/a positivo, polo que semella que a situación vaise normalizando pouco a pouco e as clases estanse impartindo con normalidade.
As medidas hixiénicas e organizativas adoptadas por mor da pandemia que estamos a sufrir semellan polo momento ser eficaces:
- Ventilación continua durante toda a mañá
- Uso da máscara en todo momento
- Separación do alumnado en tres zonas diferentes
- Lavado de mans obrigatorio dúas veces pola mañá
- Desinfección diaria e dispensadores de hidroxel en tódalas aulas
- Distancia social e liñas de dirección dentro do edificio
- Prohibición de abandonar o recinto nos recreos e limitación das visitas ao IES
Seguimos en tódolos casos as instrucción que nos van chegando de sanidade.
Pregamos ás familias e alumnado que sigan mantendo as medidas hixiénicas recomendadas polas autoridades sanitarias para continuar nesta liña.