Curso 2011-2012: A reapertura

Por fin se fixo realidade!!. Tras cinco meses de intenso traballo por parte do alumnado de 4º de ESO matriculado na materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras reabriuseMuseo Etnográfico da Laboral.

 

Dito alumnadocoordinados polasúa profesora, Rosa Cidforon desenvolvendo un labor de recomposición do Museo. Durante os cinco meses uns traballaban no proxecto de redacción e posterior memoriaoutros ían ao Museorealizar traballos diversos.

 

O labor foi arduo e complexo pero... mereceu a pena e o 16 de marzo abriuse ao público e foi un éxito. Viñeron os profesores e alumnos á reapertura e o alumnado de 4º de OIE exerceron de guías. Contamos coa presencia do fundador Juan Vázquez Nercellas e foi emocionante.

 

Foi un día inolvidable para todos pero sobre todo para estes alumnos que aprenderon a emprender, a ter ideas, iniciativas, a levalas a cabo, etc... Pero non debemos esquecer a axuda e colaboración de profesores do centro: como Elixio Estévez, Alberto Bahón, CarmenBlanco... que puxeron moita ilusión neste proxecto.

 

A partir de agora estableceuse un calendario de visitas.