Curso 2011-2012: A reapertura
Por fin se fixo realidade!!. Tras cinco meses de intenso traballo por parte do alumnado de 4º de ESO matriculado na materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras reabriuse o Museo Etnográfico da Laboral.
Dito alumnado, coordinados polasúa profesora, Rosa Cid, foron desenvolvendo un labor de recomposición do Museo. Durante os cinco meses uns traballaban no proxecto de redacción e posterior memoria e outros ían ao Museo a realizar traballos diversos.
O labor foi arduo e complexo pero... mereceu a pena e o 16 de marzo abriuse ao público e foi un éxito. Viñeron os profesores e alumnos á reapertura e o alumnado de 4º de OIE exerceron de guías. Contamos coa presencia do fundador Juan Vázquez Nercellas e foi emocionante.
Foi un día inolvidable para todos pero sobre todo para estes alumnos que aprenderon a emprender, a ter ideas, iniciativas, a levalas a cabo, etc... Pero non debemos esquecer a axuda e colaboración de profesores do centro: como Elixio Estévez, Alberto Bahón, CarmenBlanco... que puxeron moita ilusión neste proxecto.
A partir de agora estableceuse un calendario de visitas.