Curso 2011-2012: A revitalización

Alumnado de 4º ESO da materia do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, coa súa profesora Rosa Cid Galante á fronte, ilusionáronse por revitalizar o Museo Etnográfico do Centro.

 

Estes alumnos e alumnas elaboraron un proxecto de mellora do "Museo Etnográfico da Laboral", no que primeiro de nada tiveron que visualizar o estado do mesmo, tras unha obrigada visita. Despois rexistraron por escrito un listado das actuacións que se deberían levar a cabo.

 

Entre as actuacións retiraron toda a cartelería, reparándoa, cambiando os soportes, limpando, retirando fotos que tiñan un gran deterioro, plastificando, etc.

 

As salas do museo

Vídeo presentación do museo

Translate (traduce esta web)