Presentación do museo
Merece especial mención o seu fundador, Juan Nercellas, profesor xubilado de historia, quen dedicou gran parte dos anos nos que estivo connosco a acumular pezas, catalogalas, e restauralas.
Tamén colaboraron con el moitos outros profesores que axudaron a enriquecelo traendo pezas de aquí e de alá: Cesar Corral, Alberto Bahón, e tantos outros.
O actual museo foi rehabilitado e aberto ao público no curso escolar 2011/12, grazas á labor da profesora de historia Rosa Cid Galante, e os seus alumnos de 4º de ESO da materia "Obradoiro de iniciativas emprendedoras". Axudaron nesta reapertura moitos compañeiros como a profesora de ciencias Petra Fernández, a profesora de lingua Galega, Carmen Blanco, o profesor de debuxo Alberto Bahón, quenes colaboraron co adecentamento do local e a rehabilitación do xardín; ou Antonio Hernández fotografiando.
Xa no curso 2012/13 constituíuse un grupo de traballo de profesorado, no que se apuntaron moitos outros para colaborar e engrandecer este proxecto ilusionante.
O museo está situado na antiga casa do conserxe da Universidade Laboral, xusto diante do que act
Aínda que contamos cun espazo reducido, temos varias salas dedicadas a aspectos específicos da nosa cultura, entre as que destacan: a labranza, a cerámica e cestería, o proceso do liño. Pero contamos tamén con moitras outras pezas de moito valor cultural, que utilizaban a cotío os nosos avós.
Podedes ver moitas das pezas que temos expostas nesta mesma web, e mesmo visionar un vídeo esplicativo presentado polos propios alumnos/as; pero se o que queredes é vir a visitalo, só tedes que poñervos en contacto coa súa coordinadora Rosa Cid Galante, profesora de historia do noso IES, e antiga vicedirectora, no teléfono do centro (988 226300), ou enviando un email, mediante o formulario de contacto do menú superior; para concertar unha cita nunha data determinada.
Tódalas imaxes que poderás ver desta web corresponden a pezas expostas do noso museo.
Benvidos ao museo etnográfico do IES Universidade laboral de Ourense. Unha verdadeira xoia da nosa cultura, que puido facerse realidade grazas ao esforzo de tantos anos, de moitos profesores e profesoras que pasaron polo noso IES.
ualmente é o Centro Residencial Docente.
Neste espazo os alumnos poden ver e tocar as pezas, podendo así aprender de primeira man moitos aspectos da nosa cultura, poñéndoas en valor.